lunes, 24 de abril de 2017

Sexta sesión do club de lectura de 2º ciclo de primaria: Mes do libro

 

A reunión de abril xirou en torno ao libro. Falamos de distintos xéneros literarios e comentamos cales son os que máis nos gustan, os nosos autores favoritos, os contos que máis nos gustaban de pequenos e cales nos seguen entusiasmando agora... A continuación xogamos a descubrir os libros favoritos dos nosos compañeiros e compañeiras. Cada neno/a debuxou nun folio a portada do seu libro favorito, sen escribir nela o título do libro nin do autor. Logo, amosábanas diante do grupo de estudantes, que tiña que adiviñar de que libro se trataba. Algúns eran máis complicados de adiviñar que outros e, nese caso, os rapaces podían dar ata un máximo de tres pistas. Resultou ser unha actividade moi divertida para os nenos e nenas. Descubrimos, ademais, que a autora que máis se repetiu entre eles foi Ledicia Costas, coas súas obras Esmeraldina, a pequena defunta e Escarlatina, a cociñeira defunta.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...