viernes, 26 de mayo de 2017

Derradeira reunión do club de lectura de secundaria: Carlos Casares


Como era de rigor, non ía faltar unha sesión no club de lectura adicada ao homenaxeado no día das letras galegas.
Comezamos por ler un relato do seu libro Os escuros soños de Clío, concretamente o do Xudeo Xacobe. Unha ollada un chisquiño triste sobre a crueldade e a bondade da alma humana.

E afondando na figura de Carlos Casares, recalamos na súa faceta de impulsor da canción protesta galega, e buscando na rede atopamos esta estupenda páxina do Top-Ten da canción protesta galega.
Mágoa!!! Como sempre as tecnoloxías déronnos a espalda, algo que e moi recurrente neste cole... e non fomos quen de conseguir que fora o sonido. A profe acabou cantando algunhas estrofas de Fuxan os Ventos e de Suso Vahamonde que se sabía, Pero aquí tedes o enlace por se queredes intentalo vós. Paga a pena....
Para rematar, os alumnos e alumnas asistentes deron a súa opinión cara ó vindeiro curso pedindo que se lese no club algunha obra de Agustín Fernández Paz  e  Timantti o primeiro libro da bloguera galega  Rebeca Stones.
E por este curso nada máis, Moitas grazas a todas e todos os participantes,  espero vervos no vindeiro!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito e paseino moi ben cando Susi cantou

Anónimo dijo...

Gustarianos adicarlle mais tempo a Carlos Casares,a ver se hai sorte e o ano que ven voltamos ler algo del

Anónimo dijo...

Gustoume moito saber sobre o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas. Apetéceme moito ler algunhas das súas obras.

Anónimo dijo...

Gústoume moito que fora homenaxeado o Día das Letras Galegas, tamén a sesión que lle dedicamos no club de lectura. Aínda que non puideramos facer o roteiro,foi xenial!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...