O pasado sábado 17 de xuño celebrouse no Pazo de Congresos
de Santiago a X Xornada dos Clubs de Lectura dos centros escolares de
Galicia. Un grupo dos participantes do
Club de Lectura do noso centro estivo alí para disfrutar d@s
relatorios/obradoiros/comidas saudables/quedadas… que foron organizadas para
este evento. Os encontros cos escritores , a performance con Pista Catro e a
festa de peche con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, fixeron a ledicia de
tod@s nun día inesquecible para o alumnado galego.
Por: Mª Dolores Castiñeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario