E
por que este título? Porque a lectura forma parte das actividades que
estamos realizando en torno á época da República e a Guerra Civil
Española; tamén imos ver as películas O lapis do carpinteiro e Las bicicletas son para el verano.
Así que, logo de ler Febre e Makinaria -preparando a visita de Carlos Negro o xoves 10-, mentres fóra chove, venta e mesmo graniza, nós estamos exhaustos coa calor.
Xa vos contaremos como remata a aventura.
Non sufrades moito!! eu lin o libro en agosto e tampouco o pasei nada ben... pola historia en si, pero pareceume moi ben narrada. Moito ánimo! Susi
ResponderEliminar