Día 12 do 12 do 12 ás 12h12 minutos....A FIN DO MUNDOOOOOO?
-NOOOOOOOOOOOOOOOOOON-
Celso Emilio está de centenario!, e seica foi un gran poeta... ou letrista? Dígoo porque hai moitas cancións en youtube coas súas verbas... Ben, pois imos divertirnos un anaco cunha webquest ao revest... ,ou sexa, que tes que contestar ás seguintes preguntas. Nalgunha delas terás que achar algún dato, pero na maioría terás que dar a túa opinión persoal... ou contarnos algo... ou xa veremos!!
Por suposto pode que haxa un agasllo... ou non, ou ao revés, ou varios, ou o agasallo sexa para Celso Emilio (ou para a que suscribe). Veña, empezamos:
1- Primeiro tes que facer de crítico/a musical... cal destas versións do poema "Deitado frente ao mar" che gusta máis?:
- Versión rap de Cantor Hippie
- Versión de Dios ke te crew
- A versión de "As Barxas"
Eu xa teño a miña favorita... veña animádevos a contestar que faremos un ránking....!!!!
2-Esta é faciliña (para que te animes a seguir). Escoita este poemiña e fainos unha pequena estrofa de catro versos contándonos a que lle dirías ti "NON" - catro versos de medida e rima libre-
3-Imos preguntar algo complicadiño, que se non isto non ten graza!! Escoita esta canción e a ver se es quen de averiguar que outro nome ten este poema de Celso Emilio...:
4- Vaia, que xa o sabes... pois outra. Aquí tes uns "Consellos" de Celso Emilio, cantados por Amancio Prada; podes atopar algún refrán galego que veña dicir más ou menos o mesmo...?
5- Seguro que algún dos teus devanceiros/as podería ter composto este poema. Eu adicaríallo ao meu avó, que foi zoqueiro; e ti, a quen llo adicas? En que traballou?
6- Escoita esta canción de Fuxan os Ventos, "Irmaus", poema musicado de Celso Emilio. A que situación actual lla aplicarías? (Xa sei que hai moitas... pero eu só che pido que me digas unha).
7- Xa, directamente... quen foi "María Soliña":?
8- Véxote moi posto/a. Pois xa que estás, quen foi Moraima?
9- E como nuns días entraremos no inverno. Cantas veces "Chove" na canción seguinte?
10- (E última) Segundo esta canción de Miguel Ángel Gómez Naharro, onde quere morrer o poeta?
Vale, que xa as tes todas contestadas - ou unhas poucas-:Non sei a que agardas para escribir as túas respostas premendo en COMENTARIOS!, non esquezas poñer o teu NOME e SÓ AS INICIAIS dos teus dous APELIDOS, xunto co número e letra do teu curso.
TES DE PRAZO ATA O 13 de xaneiro ás 13 horas.
1- 2º a que máis me gustou.
ResponderEliminar2-Non ás drogas
-Non ao racismo
-Non á violencia de xénero
-Non ás armas
3ºArgadarei aí
4ºVale máis só que mal acompañado
5ºAo meu avo ,era gandeiro
6ºA pobreza do mundo
7º Foi unha muller nacida en cangas de morraza a finais do século XVI.
8ºA muller de Celso Emilio
9º 18 veces
10º Eíquí, en Galicia
1.A que mais me gustou foi a segunda
ResponderEliminar2.-Non á violencia
-Non ó racismo
-Non á xente que pasa fame
-Non descriminar á xente,porque non e igual a os demais
3.En que hai que decir quenç
4.Vale maís só que mal acompañado
5.A meu avo que leva 60 anos traballando como ferreiro
6.A miseria que hai no mundo
7.Foi unha muller condenada polo tribunal Inquisitorial acusada de practicar bruxeria .Tras a súa morte ,converteuse nun símbolo do sufrimento do pobo .
Naceu en 1601 en Cangas de Morrazo e finada en 1680
8.Maraima foi a muller de Celso.
9.19 veces
10.Eiqui ,en Galicia
1º A versión de "As Barxas".
ResponderEliminar2º Non permitas as diferenzas entre ricos e pobres,
non permitas as guerras,
non permitas as inxustizas,
e loita polo que creas necesario.
3º Agardarei.
4º As apariencias enganan.
5º Eu tamén llo adicaria ao meu avó que foi mariñeiro.
6º Aos países do terceiro mundo.
7º Foi unha muller de Cangas que quedou soa.
8º Unha muller na que Celso tiña derradeiro interese.
9º 18 veces.
10º En Galicia.
1º
ResponderEliminara version do ceip da barqueira
2º
non á violencia de xénero
non ao egoismo
non ás inxustizas
non á hipocresía
3º
agardarei.
4º
que os que pensas que son os teus mellores amigos son os que más dano che fan.
5º
ao meu avó que foi mariñeiro
6º
a igualdade entre homes e mulleres
7º
foi unha muller que naceu no lugar de cangas do morrazo
8º
É a muller de celso emilio
9º
18 veces
10º
aquí en galicia
r.a.p
1. Version de As Barxas.
ResponderEliminar2.Digo non a conformidade
non e asi porque o diga o superior
non importa a vontade?
digo non, non e non
3.Agardarei
4.Dime con quen andas e direiche quen eres
5.A meu avo que foi marino.
6. Reivindicacions en contra da violacion a muller nos paises orientais.
7.A protagonista do poema, unha rapaza de Cangas que quedou soa.
8.Unha palabra para facer o que queira.
9. 18
10.En Galicia
1. Versión de Dios ke te crew.
ResponderEliminar2.Non as inxustizas
Non as mentiras
Non os malos tratos
Non o caciquismo.
3.Teño o corazón senlleiro
4.Máis vale malo coñecido que bo sen coñecer, ou Amigo que non da e coitelo que non corta, que se perdan, pouco importan.
5.O meu avó, que foi carpinteiro.
6.A desigualdade.
7.Era unha muller de Cangas que foi torturada e condenada por bruxería. A loucura,a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida e pasou a convertirse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres.
8.Foi a muller de Celso Emilio, chamada María Luisa Moraima Loredo.
9.16 veces
10.En Celanova.
1º- A min gústame máis a 3º porque ten máis ritmo
ResponderEliminar2º - Non ás guerras
Non á tristeza
Non á fame
Non á violencia
3º- Agardarei.
4º- Dime con quen andas e direiche quen eres.
5º- Eu dedicollo á meu pai.
6º-O dereito a igualdade.
7º- Foi unha muller que se criou en Cangas de Morrazo
8º-A esposa de Celso Emilio
9º- 18 veces.
10º- Na súa terra, en Galicia.
1º-2º a que máis me gusta 2º-Non a discriminación -Non ao racismo -Non á violencia -Non ás peleas. 3º-Agardarei. 4º-Que o peor enemigo pode ser o teu mellor amigo. 5º-Eu dedicollo ao meu avó que traballou arreglando coches. 6º-O dereito de igualdade. 7º-Foi unha muller nacida en Cangas de Morrazo. 8º-Amuller de Celso Emilio. 9º-18 veces. 10º-Eiquí en,Galicia. Víctor M.N. 3º ESO C
ResponderEliminar1. A min persoalmente, a que máis me gustou foi a versión de Dios Ke te crew, o seu ritmo paréceme o máis reinvindicativo.
ResponderEliminar2. Non aos cobardes e egoístas
que gozan do sufrimeto axeno,
que se sinten superiores
danando a persoa que máis o quere,
3. Titúlase tamén, " Teño o corazón senlleiro".
4. Advértennos da falsedade dos poderosos.
5. Pois aos meus avós, que traballaban como campesiños.
6. A igualdade entre as persoas.
7. É un personaxe máis ben popular, coñecida por ser xuzgada como unha bruxa.
8. Era a muller de Celso Emilio.
9. "Chove" 18 veces.
10. Na súa bisbarra.