Páginas

martes, 11 de diciembre de 2012

Novas lecturas PDC

Ola de novo:
Como quedamos cansos de ler xuntos, desta vez fomos por libre e cada un leu o que lle apeteceu. Estas son as impresións que cada un deixou do libro ou libros que leu. Estade atentos por se vos dá idea para futuras lecturas:

"Eu lin  O chápiro verde, un libro moi interesante e entretido para unha persoa da miña idade e sexa quen de, coa súa imaxinación, seguir a Fa na súa viaxe en busca do seu obxectivo.
Víctor
(O chápiro verde, Marilar Aleixandre)

Eu lin Poderosa, un libro máxico, porque a súa protagonista tamén o é.
Mónica
(Sérgio Klein, Poderosa, Fóra de Xogo)

Gustoume  Chamádeme Simbad polas historias que lle van sucedendo ao avó e mais a Paulo. Eu tamén pensei que seu avó se perdera e non me pareceu ben que se enfadaran con el.
En cambio, empecei Vestio, de Xosé Miranda, porque me resultou moi difícil a pesar de que como era de medo me atraía moito.
Diego Castro                                                     
(Francisco Castro, Chamádeme Simbad)

Unha estrela no vento, cun final moi triste, ten unha historia de amor moi bonita entre os protagonistas. Miguel é un rapaz moi listo.  Eu creo que ás alumnas de 3º ESO lles había gustar, tamén atoparían a estrela que buscan, coma min.
Alba Creo
(Ledicia Costas, Unha estrela no vento)

Tristes armas pareceume moi interesante e entretido, aínda que as cousas da guerra son moi tristes. O que máis me agradou foi ver como Rosa conseguiu ser unha estrela da danza e o que menos o destino do pai das nenas.  Que sorte non vivir en guerra!
Iván Quinteiro
(Marina Mayoral, Tristes armas)

El coleccionista de relojes extraordinarios é un libro de ciencia ficción e fantasía. É unha historia de reloxos que fala sobre a influencia do tempo sobre o ser humano: somos prisioneiros del; fainos pensar tamén sobre os cosmos, os universos paralelos e sobre que non debemos confiar en calquera (coma no marqués). Hai que ter coidado con meter o fuciño nalgunhas cousas!  Aínda que ten 200 páxinas é moi fácil de ler, así que animádevos!!!
(Martín Giance)
Laura Gallego, El coleccionista de relojes extraordinarios."

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén lin "Poderosa", pareceume moi entretido e ás veces divertido... Respecto a "Unha estrela no vento" gustoulle tamén a algunhas das túas compañeiras de 4º de ESO. Por último decir que cando teña un ratiño lerei "O coleccionista de reloxios extraordinarios"; Martín convencéchesme co teu comentario e a ciencia ficción é un dos meus xéneros favoritos. Seguirei lendo as vosas recomendacións. Grazas! Susi

    ResponderEliminar