jueves, 20 de junio de 2019

Festa da lectura: Obradoiro para o grupo de cine e intriga


Nesta ocasión Alba Souto preparou unha actividade en torno á triloxía da Materia Oscura de Phillip Pullman, facendo unha comparanza entre os libros, o tráiler da película "A brúxula dourada" e o tráiler da serie que está a preparar HBO. Rematou o obradoiro cunha sesión de meditación "deimon " incluído!! E por suposto, fixeron a súa valoración das actividades do club.

Desgrazadamente, nesta ocasión só podemos contar no obradoiro co alumnado de terceiro de ESO, xa que finalmente o alumnado de segundo de ESO do club de lectura tiña que acudir a outra actividade.

Festa da lectura: Obradoiro para o grupo de banda deseñada




Para o grupo de Banda Deseñada, e sabendo a súa afección polos mangas e animes, Alba Souto organizou unhas batallas de rol cos heroes e heroínas máis coñecidos. Este grupo tivo tamén a ocasión de revisar as novas adquisicións que en manga e banda deseñada realizou a biblioteca, tendo en conta tamén as peticións dos propios participantes no club de lectura. Igualmente realizaron a enquisa de valoración proposta.

miércoles, 19 de junio de 2019

Festa da lectura: Obradoiro para terceiro ciclo de primaria, club de exploradores





Para o alumnado de terceiro ciclo de primaria, que amosaron unha grande afición teatral, Alba Souto preparou un obradoiro de improvisación de situacións teatrais, que foron intepretadas con grande entusiasmo e moitas risas por parte do alumnado participante.
A animadora do Club, María Jesús tamén aproveitou a festa para amosarlles as novas adquisicións en teatro que fixo a biblioteca cara a vindeiras edicións do club de lectura, con fondos de teatro tanto para primaria como secundaria. Igualmente tiveron a oportunidade de coñecer o blog da biblioteca e deixar os seus comentarios así como as súas valoracións.

Festa da lectura: Obradoiro para o club de piratas







 
Nesta ocasión o alumnado de segundo ciclo de primaria, integrante do club de piratas, tiveron a ocasión de gozar dun obradoiro impartido por Alba Souto no que, despois de ler fragmentos de diferentes libros sobre piratas, fixeron un manifesto pirata nun pergameo, uns barquiños en papel con desexos,  e unha bandeira pirata que fixeron ondear para celebrar o final deste curso.
Posteriormente visitaron a aula de informática onde xunto con María Jesús (a animadora do grupo) coñeceron o presente blog da biblioteca e tiveron ocasión de deixar os seus comentarios sobre os post que recollen a súa actividade neste ano e igualmente respostaron a unha enquisa de valoración das actividades realizadas.
Bo verán piratas!!

miércoles, 12 de junio de 2019

Enquisa final do club de lectura

Enquisa para 2º Ciclo de Primaria Club de Piratas  clica eiqui
Enquisa para 3º Ciclo de Primaria Club de Exploradores clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Banda Deseñada clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Cine e Intriga clica eiqui

miércoles, 22 de mayo de 2019

Club de lectura de cómic: Buscando títulos


Os nosos expertos en cómic reuníronse na biblioteca para facer un listado de títulos que poidan pasar a engrosar os nosos fondos. Falaron de mangas para os máis pequenos e que aínda non temos: Pokemon, Noragami... e tamén para os máis maiores: Ataque de los titanes ou One punch man. Tamén recomendaron mercar clásicos tanto de Marvel como de DC: Lobo, Power girl, Batman ou La liga de la justicia. Tamén estivemos a falar do futuro da banda deseñada en Galicia: A viñeta de Schroëdinger, Antonio Seijas ou do novo álbum de Fon Barreiro Troglo e Dita, que presentará este vindeiro venres no Liceo de Noia. E por este curso rematamos... ou non....

martes, 14 de mayo de 2019

Club de lectura exploradores, derradeira sesión de este curso


E todo chega ao seu fin, como a historia de Carmiñae e Manolitus, entre risas e máis risas. Agardamos que o pasedes tan ben lendo esta peza de teatro coma nós. Vémonos o vindeiro curso.
Boas lecturas!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...