Páginas

viernes, 4 de febrero de 2011

4º reunión do club de lectura dos rapaces.


Desta vez non só falamos das nosas lecturas, tamén comentamos o relato "Amandine e os dous xardíns" de Michel Tournier, texto que leron os integrantes do club de lectura de adultos. A diferenza está en que nós non o entendemos ben; despois de explicárnolo, prometemos volver a botarlle un ollo na casa e relelo de novo. O resto das lecturas foron moi divertidas e algún incluso se animou a coller algún dos libros dos seus compañeiros. Decidimos volver reunirnos o vindeiro 11 de marzo, xa pasado o entroido e coa barriga farta de filloas e orellas. As escollas que desta vez imos comentar son as seguintes.


Kika Superbruxa e a momia.
Marianela de Benito Pérez Galdós.
Retrincos, Un ollo de vidro de Castelao.
Los escarabajos vuelan al atardecer de María Gripe.
La segunda vida de Bree Tonner de Stephenie Meyer.
Cinco semanas en globo de Jules Verne.
Los pilares de la tierra de Ken Follet.
Poetízate de Fran Alonso.
O tesouro da lagoa de Reid’Is de Agustín Agra.
Unha estrela no vento de Ledicia Costas.
La corona de los elfos de Jenny- May Nuyen.
Dune de Frank Herbert.

No hay comentarios:

Publicar un comentario