
Este é un libro que recolle as máis famosas poesías galegas, por dicilo dalgunha maneira. Ten poesías dende cando se comezou a escribir a poesía en galego (poesías de Rosalía de Castro) até composicións de poetas actuais. O autor pretende quitarnos o medo á lectura deste xénero, e quere que aprendamos a gozar das sensacións e sentimentos que os escritores pretenden transmitir.
Recomendaríallelo ós rapaces de 14 anos en diante.
Martín Paz Eiras (3º ESO)
Recomendaríallelo ós rapaces de 14 anos en diante.
Martín Paz Eiras (3º ESO)
Gustoume moito este libro porque fíxome descubrir unha serie de poetas galegos/as que non coñecía. Paréceme que a escolma é moi diversa e interesante xa que reflicte moitas tendenzas e visións diferentes. Recoméndoo tamén a todos/as que lle teñan medo á poesía... este libro axuda moito. Susi
ResponderEliminar