
Volvemos vernos unha vez máis para comentar as nosas impresións sobre as lecturas escollidas o mes pasado. Como moitos de nós lemos A casa dos Lucarios, de Teresa Moure, fixemos comentarios na entrada que tedes máis abaixo sobre a autora. Ide aló e poderedes ver o que nos pareceu o libro da autora monfortina. Asemade tamén tivemos tempo para entreternos con novas lecturas, o resultado tédelo a seguir.
A piques de rematar xa a nosa andaina, aínda temos forza para reunirnos unha vez máis, será o vindeiro 13 de maio; non podedes perdervos as nosas impresións sobre as seguintes lecturas:
Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz.
Escola de Frikis, de Gitty Daneshuari.
Muerte de Tinta, de Cornelia Funke.
Unha estrela no vento, de Ledicia Costas.
Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure.
Tamén poderedes ver o ben que o imos pasar na nosa visita a Monforte de Lemos, terra onde naceu o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Lois Pereiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario