Páginas

viernes, 16 de noviembre de 2012

XURDIRÁ O MEDO NO CAMIÑO? (2º encontro)


Pois claro que o medo pode xurdir facendo o Camiño, nesta segunda reunión do club de lectura do 3º ciclo de primaria as máscaras fantasmagóricas xa nos daban pistas do que podiamos atoparnos. Mirade que pintiña temos algunhas de nós.



 Durante a reunión puidemos:

a)Dar a nosa opinión sobre os posibles sobresaltos que podemos atopar facendo o Camiño Francés por exemplo: a Santa Compaña, as pantasmas e as bruxas. Mas en realidade sabemos que son seres que pertencen ao imaxinario colectivo das xentes. Nas lecturas que fagamos poden aparecer algúns destes seres que inclusive provocarán en nós máis que medo algunha que outra gargallada.

b)Pescudamos que nos edificios (especialmente na igrexas) establecidos nas diferentes aldeas, pobos e cidades do Camiño Francés pódense apreciar esculturas grotescas tales como as gárgolas (do francés gargouille>gargouiller) e tamén algunha que outra quimera.
Utilizadas, a pesares do seu aspecto, para espantar aos seres demoníacos. Ahí queda iso. 

c) Tamén descubrimos a diferenza entre unha gárgola e unha quimera. Cal é? Si vós animades deixade as vosas respostas no blog. Prometemos contestar.



 
Esperámosvos no terceiro encontro do club de lectura do 3º ciclo de primaria, ánimo a todas e a todos. Boas lecturas fantasmagóricas!

15 comentarios:

  1. QUE PASADA DE CLUB... non quero perderme ningunha reunión máis...! Cando é a seguinte?
    ...EU TAMÉN QUERO... Susi

    ResponderEliminar
  2. Ola.
    Non me gustou moito o libro,porque non o entendín.

    ResponderEliminar
  3. Estou moi encantada co libro de ...
    Hallowen que miedo encantoume un mogollón.


    Un saudo
    Anonimo Valeria 6ºB

    ResponderEliminar
  4. gustoume moito o libro dos espiritus azuis.Nerea 5a

    ResponderEliminar
  5. O libro"escuela de frikis" gustoume moito porque pasan moitas aventuras.

    Iris

    ResponderEliminar
  6. Ola.

    Gustoume moito o libro que lín,
    creo que estaba moi ben.
    Eu recomendaríao.



    Marta 5º

    ResponderEliminar
  7. Gustoume moito o libro HUGO EN EL
    CASTILLO DEL TERROR vai dun grupo de
    cazafantasmas que teñen que atrapar
    a unha baronesa sangrienta que matou a o seu marido e despois asesinarona

    ResponderEliminar
  8. O libro gustoume moito chamabase "O CHAPAPOTE"POR QUE ERA MOI INTERESANTE...



    UXIA:

    ResponderEliminar
  9. Esta moy chula a festa do ano pasado cos nenos DE 6ºA Mario

    ResponderEliminar
  10. Este club esta moi ben acabome de apuntar e estame gustando moito desde que estou aqui Santi

    ResponderEliminar
  11. Eu lin un de GERONIMO ESTILTON chamase HALLOWEN QUE MIEDO gustoume moito aunque non me dou ningun medo pero está ben coma todos os libros de GERONIMO STILTON . LAURA 5b

    ResponderEliminar
  12. Gustame, moito vir ao club de lectura.
    E moi divertido, lees libros, e aprendes cousas ao mesmo tempo, e moitas máis cousas.

    ResponderEliminar
  13. Eu lin A caza dos ghazafellos e gustoume moitísimo. A verdade é que non pasei moito medo, mais é moi divertido; rin moito con el. Recoméndovos a todos que leades as historias do protagonista e do seu can e tamén que escoitedes o CD.

    Xulia, 5º A

    ResponderEliminar
  14. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  15. Prezadas compañeiras do club xa sabedes que neste novo ano 2013, novos candidatos que non asistiron nas primeiras reunións agora están a coller as forzas necesarias dos ghazafellos para candidatarse a ser os números un das lecturas.

    Grazas ao esmero das nenas agora os nenos tamén se animan. Légolas e o resto dos meus compañeiros están abraidos polos vosos comentarios teremos que seguir as lecturas que nos recomendades. Gracias a vós dende a terra media lemos máis que nunca.

    ResponderEliminar