Páginas

martes, 8 de enero de 2013

Marabillas de Nadal (3º encontro do Club de Primaria)


Neste terceiro encontro descubrimos algunhas das marabillas creadas por diferentes autoras/es para ler no tempo de Nadal entre elas: “Canción de Nadal” de Charles Dickens, “O camiño da fraga” de Carmen Gómez Ojea, “¿Cómo trabaja Papá Noel?” “Contos de Nadal” de Manuel Rivas.

E aquí nos tedes marabilladas pola compañía de novos compañeiros de viaxe. Esperámosvos! 

4 comentarios:

  1. Lin o libro "Contos de nadal"
    É moi divertido e ten moitos contos.
    Iris:)

    ResponderEliminar
  2. Unha vez máis grazas Iris pola túa dedicación a enviarnos comentarios sobre os libros lidos. Apreciamos que che gustaran moito os contos de Nadal escritos por Manolo Rivas.

    Esperamos verte na próxima reunión.


    Unha aperta de todos nós para ti.

    ResponderEliminar
  3. Eu lin O Apalpador vs Papá Noel e encantoume esa loita entre o noso Apalpador e Papá Noel.Quen credes que é o gañador? Ai, para saber iso tedes
    que lelo.

    Xulia

    ResponderEliminar
  4. Xulia farémosche caso e pescudaremos quen foi o gañador.

    Moitas grazas Xulia por recomendarnos o libro. Encántanos que podas acudir aos encontros.




    ResponderEliminar