Páginas

miércoles, 6 de noviembre de 2013

II Reunión do club de lectura do 3º ciclo de primaria.

O día 5 de novembro tivemos a segunda reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria. A ela asistiron 16 nen@s. Nesta sesión comenzamos a ler o libro "El palacio de las 100 puertas" que trata de aventuras. Pero antes desto, para comenzar, falamos un pouco do libro "Diario d e Niki", que foi un dos libros que escolleron o ano pasado a final de curso para ter na biblioteca, e debatimos sobre se é convinte ou non ler os diarios persoais de outras persoas.
Lemos un trozo do libro cada un, en alto mentres os demáis escoitaban e seguian a historia. Neste libro o final de cada capítulo hai dúas portas e o lector/-a debe decidir por cal quere seguir. Neste caso como eramos moitos decidimolo de maneira democrática a través dunha votación. Deixamos a lectura na páxina 14 e esperamos seguir en vindeiras convocatorias do club.

No hay comentarios:

Publicar un comentario