Chegamos a Ferrol pola autoestrada A6 e tomamos o desvío de "A Malata" e seguimos por diante da Feira de Mostras do Noroeste cara a Serantes e continuamos pola estrada de Cobas/Esmelle. Despois do restaurante "A Torilla" a man esquerda atopades a carretera de subida ó santuario de Nosa Señora de Chamorro, dende alí tedes unha panorámica completa de Ferrolterra.
O val que se atopa ós vosos pés é Serantes, lugar donde naceu Gonzalo Torrente Ballester. Se vos fixades hay unha capela con un camposanto, San Salvador, onde reposan os restos do escritor baixo unha sinxela lápida en mármore.
O val que se atopa ós vosos pés é Serantes, lugar donde naceu Gonzalo Torrente Ballester. Se vos fixades hay unha capela con un camposanto, San Salvador, onde reposan os restos do escritor baixo unha sinxela lápida en mármore.

Tomade de novo a mesma estrada, esta vez para chegar ata o peirao de Ferrol. Estades na zona máis antigua da vila e á esquerda, dende a muralla defensiva do recinto do Arsenal Militar, os canóns vixian a entrada da Ría. En verán podedes aproveitar para coller a lancha de Mugardos e cruzar ata a outra orilla e degustar o "polbo á mugardesa". Dirixídevos tamén á Oficina de Turismo que vos ofertará unha visita guiada polo Arsenal ou un paseo en lancha pola ría, ambas visitas moi económicas e interesantes.
Para comezar a pasear pola vila, collede pola rúa do Castro, ata a rúa San Francisco. A primeira parada é diante da Igrexa Castrense. Paseade polos seus xardíns ata os de Capitanía. Podedes contemplar alí toda a extensión do Arsenal Militar e as instalacións de Navantia (antigua Bazán); diante de vos tedes o Mercado da Magdalena, que foi remodelado fai uns anos, á súa esquerda está a Peixería, un edificio modernista, a Concatedral de San Xiao e o Teatro Jofre, este último tamén modernista e feitos ambos pola man de Rodolfo Ucha Piñeiro.
Dando media volta, dirixídevos ata o parque Raíña Sofía para visitar Aquaciencia, una exposición permanente sobre as máquinas hidráulicas (é divertido, pois tedes que tocar, manipular e participar!)
Saíndo do Parque podedes dirixirvos hacia a praza de Amboage. A partires de ahí tedes ante vos o barrio da Magdalena (se queredes facer un paseo virtual por este barrio falade con Susi), que se extende ata a praza de España, pasando pola de Armas, onde está o Concello. As rúas teñen cada unha o seu carácter. A rúa Real, por onde as ferrolanas e ferroláns fan as súas compras, a Magdalena, de antiguas tendas e tascas moi persoais, a rúa Dolores, rua peatonal e con bancos onde parar un rato a charlar, a rúa do Sol, para tomar unhas bravas ou croquetas, e para o chocolate con churros ou buñuelos... a rúa María.
Por último queda o Cantón de Molíns, coa fundación Caixa Galicia, este edificio albergou antiguamente un instituto de ensino onde impartiron clases Concepción Arenal e Gonzalo Torrente Ballester. Fronte o Cantón, e dentro do recinto militar tedes dous museos: o Museo Naval e o Museo da Construcción Naval.
Para rematar a tarde podedes quedar a tomar algo nalgunha das terrazas do cantón... e volver en verán, para seguir coñecendo a comarca e as praias que a rodean.
6 comentarios:
a ver se este ano pode ser que eu xa teño ganas de ir.Seguramente este ano si que imos que somos moitos e hai xente bastante
cristian
Se todo o mundo fose tan animado coma tí enchíamos dous autobuses! Pois xa verás como o pasamos ben,igual que na excursión do ano pasado! (ou millor)Susi
esperemos que mellor porque o ano pasado pasamolo xenial pero a ver se este ano melloramos unha cousa:a chuvia que nos pillou en plena camiñata
Eu paseimo xenial na escursion a ferrol, espero ir a mais escursions como esta. Eu darialle un diploma o u outra cousa.Ainda que eramos moi poucos eramos de abondos, porque o final fun cunha dor de cabeza co ruido que facian os que ian a tras de todo, digo eu un pouco bale pero tanto farta. Espero que na seginte escursion poidan ir mais persoas para pasalo tan ben como eu ,grazas susi pola escelente escursion."un saudo e bicos,de celeste".
A excursión estubo moi ben. Oxalá haxa máis así
Alégrome de que o pasarades ben! Eu tamén espero que haxa moitas máis! Sobre todo con rapaces/as que se saben comportar tan ben e son tan agradables, grazas por facerme pasar un sábado tan bo!
Publicar un comentario