domingo, 18 de diciembre de 2011

Roteiro a Ferrol, imaxes...









Pois aquí tedes as imaxes do Roteiro Literario polo Ferrol de Torrente Ballester. Comezamos na ermida de Chamorro ou Nosa Señora do Nordés vendo unha panorámica de Ferrolterra, despois baixamos ata o porto de Ferrol, a tomar un cafeciño que viña ben, aínda que penso que o tempo foi moi benévolo con nós. Despois paseamos un pouco ata o Parque Raíña Sofía onde o pasamos moi ben facendo música no parque, dándolle de comer ós pavos reais e fuchicando cos trebellos de Acuaciencia. 
Tras unha reparadora comida picnic en Amboaxe e un café con torta no BlaBlá paseamos pola Calle Real, Cantóns de Molíns e Praza de Abastos, vendo os principais edificios modernistas da vila. Tras outro café no "invernadoiro" entramos a ver o Tradicional Belén da Orden Terceira de San Francisco, que se movía reaaalmente!
Cun chocolatiño con churros e buñuelos no bandullo, volvemos pra Lousame cantando baixiño... vale, non tan baixiño. Grazas a todos e todas por portarse tan ben e seres tan agradables, foi un sábado inesquecible!!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantoume esa escursion a Ferol estuibo fenomenal,o que mais me gustou foi o parque tematico chamado Acuaciencia,ali vimos moitas cousas iteresantisimas
CLAUDIA

Frodo dijo...

Alégrome moito de que vos gustara... xa estamos pensando nas seguintes actividades do club, espero que vos gusten tanto ou máis...

Anónimo dijo...

Bueno digo eu que este ano teremos que facer unha excursión a Vigo e por suposto recuperar a excursión as Fragas do Eume que quedou pendente o ano pasado

Anónimo dijo...

O do anterior comentario son eu, Cristian saúdos a todos e bo nadal que os reisS se porten ben con vós








FELIZ ANO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Ferrol encantoume sobre todo las tiendas yo y mis amigas nos lo pasamos genial habia uhna calle chea de tiendas.


Sara

Anónimo dijo...

Buff... yo creo que fue una de las mejores excursiones de mi vida, muchas gracias susu por todo.
Angela

Anónimo dijo...

me encanto la excursion que hicimos a ferrol fue la mejor excursion de mi vida gracias susi por hacernos la excursion espero que la proxima excursion sea asi de buena tambien gracias por todo.
un besito.
Natalia

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...