domingo, 29 de enero de 2012

3ª reunión club de lectura de secundaria

Ola a todos, desta vez pasou moito tempo entre reunión e reunión, pero como vedes non perdemos o tempo. As nosas lecturas foron moitas e moi prolíficas, incluso comentamos libros que non tiñamos previsto. Así durante a nosa hora habitual para reunírmonos intercambiamos diversas opinións, mais sobre todo centrámonos en dous textos: A cabeza de Medusa e Febre. O primeiro foi obxecto ata de discusión; somos algúns os que cremos que o tema da violación non está ben tratado na obra, que debería presentalo como algo máis dramático, parécenos pouco crible. Porén, outros opinamos que o importante é como trata a sociedade o tema e sobre todo como se pode relacionar co título da obra. Asemade relacionamos isto con Febre, onde aínda que non como tema principal, si que aparece tamén un caso de violación. De feito os que non lemos a obra quedamos con gana de facelo, non só por este tema senón para tentar recoñecer os lugares que aparecen nela sobre Noia e Lousame.
Gustaríanos saber a opinión sobre todo isto dalgúns de vós que, aínda non estando no club de lectura, sabemos con seguridade que xa lestes ambos os dous libros.

Por outra banda para a próxima reunión imos ler:

El último Orco
Unha estrela no vento
Corredores de sombra
Tengo ganas de ti
A pomba e o degolado
Raquel
Aire Negro
A paixón de Alexandre
Cuentos Macabros

Esperamos os vosos comentarios e non imos tardar moito en vernos, será o vindeiro 24 de febreiro. Ata entón boas lecturas!!!!


19 comentarios:

Frodo dijo...

Respecto as opinións sobre Febre podedes ler algúns comentarios que xa temos recibido neste mesmo blog:
http://www.blogger.com/comment.g?blogID=5424684661929176919&postID=3581512170126990523
Baixo a etiqueta de "Febre"

Marta 3ºB dijo...

Respecto ó libro da Cabeza de Medusa... a min non me gustou. Opino que non está ben narrado e doume a imperesión de que o tema da violación por unha parte trátase como algo común cousa que non opino que sea así.Tamén me dou a impresión de que se narraban cousas, como decilo... de pouca importancia en vez de falar dos sentimentos da protagonista cara á violación. Inda así, creo que é un libro moi interesante e anímovos a leelo!! :)

Noelia 3ºB dijo...

O libro "A Cabeza de Medusa" non está mal, a min gustoume creo que expresa moi ben os sentimentos de cada personaxe,aínda que me esperaba outro final.A parte deso está moi ben! É un libro que merece a pena ler :D

Anónimo dijo...

Respecto ao libro A cabeza de Medusa a min pareceume un libro que ten unha gran capacidade ao principio pero despois acaba por desilusionar ten moitos temas de debate pero un final demasiado aberto para o meu gusto. Ao mellor a vos gustabos ten un tema moi interesante eu diria que o leerades ;D

Anónimo dijo...

Respecto ao libro A cabeza de Medusa... a min pareceume un libro moi interesante e con moitos temas que debatir. Animadevos a lelo pode hasta engancharvos ;D
Angela Creo 3ºB

Frodo dijo...

Abofé que mo apunto para cando poida!! que será para moi pronto, xa me tedes intrigad@ con tanta polémica...

Frodo dijo...

Abofé que mo apunto para cando poida!! que será para moi pronto, xa me tedes intrigad@ con tanta polémica...

Anónimo dijo...

Falando do tema , o libro Cabeza de Medusa , persoalmente gustoume e sexa un dos mellores libros que a nosa profesora de galego nos encargara ler, eso sí, eu tamen comparto a opinión de que, aínda que o libro esta ben narrado, a parte que explica tanto a violación como os minutos seguintes e moi irreal. Para min que as protagonistas o tomaron todo con moita menos importancia da que eu lle dou.
De todas formas o libro esta moi ben e fainos ver como reacciona a nosa sociedade ante temas tan delicados como os que se comentan no libro.
Recomendovolo!

Alba 3ºA

Natalia 3ºA dijo...

O libro A cabeza da medusa..esta ben,gustoume moito e engachoume a leelo.Pode ser que o tema da violación fose un pouco `irrealista´pero aínda así gustoume.

María Eiras . dijo...

A min o libro pareceume moi bo, Fátima debería mandarnos ler máis libros coma este porque a min personalmente gústoume moito. Creo que o libro nos da unha boa mostra de como unha sociedade ten diferentes formas de afrontar un tema tan delicado coma unha violación, mais , tamén é certo que eu non me tomaría tan ben os feitos como as rapazas violadas... Pero, acepto as diferentes maneiras que hai de tomar as cousas.
Recomendo este libro, moi bo, encántoume :)

María dijo...

"Cabeza de Medusa" foi un libro que me gustou moito. Conta a dura realidade dunha sociadede que castiga a persoa violada e non aos violadores. Tamen opino como algunha das miñas compañeiras, a parte da violación das rapazas pareceume un pouco irreal,sobre todo a súa reacción chocoume un pouco. Pero é un libro que recomendo e que espero que vos guste.

María Ourille 3ºA

Anónimo dijo...

Respecto ó libro "A cabeza de Medusa" opino que non estivo mal, pero que na realidade daselle bastante máis importancia o tema das violacións, tamén me esperaba un final coa sentenza do xuízo.
Anais 3ºB

Anónimo dijo...

"Cabeza de Medusa" gustoume moito; penso que é un libro moi interesante, entretido e intrigante. Gustoume a idea de mesturar os mitos gregos con algo que ocurre na actualidade e contrastar así a mentalidade da sociedade. É un libro que recomendo ler.
Rebeca, 3ºA.

yoelina dijo...

Respecto ao libro da cabeza da medusa quero dicir q me gustou moito e q o lin duas veces . Recomendovolo

Anónimo dijo...

A min gustoume o libro da Cabeza da Medusa . Pareceume un libro moi entretido , e conseguiu engancharme moito, é un libro sinxelo de ler e que recomendaría a rapaces e rapazas dende 3º da ESO.
Jonnathan Pombo 3ºA

Begoña dijo...

A min o libro 'A Cabeza de Medusa' gústoume moito,para min foi un dos que máis me gustou dos que nos puxo Fátima.(:
Sobre a historia,opino que esta ben,agás a parte na que son violadas e como reaccionan despois.
Tamén mostra os diferentes comportamentos da xente ante esas situacións e como algunhas persoas as intentan axudar e outras que tratan de facerlles a vida imposible.

Bego 3ºA

Sara Blanco dijo...

A min tamén me gustou o libro da Cabeza da Medusa . A historia que cinta pareceme moi entretida e interesante , pode que o comportamento dos pais fose algo subrealista pero eu penso que nestes casos os pais deberían comportarse como o fixeron os de Sofía . Recoméndo este libro , xa que a min gustoume moito e é sinxelo de ler .
Sara Blanco

Anónimo dijo...

O libro da cabeza da medusa gustoume bastante, gústanme os libros que tratan sobre temas da vida real, e que lles pode pasar a calquera. É un libro interesante e pode que ata vos enganche, probade a lelo, pode que vos guste :)
Yara 3ºB

Anónimo dijo...

O libro da cabeza da medusa gustoume bastante, para a miña opinión, a forma de pensar dos pais de Lupe non me pareceron adecuadas para ese tema tan grave da violación, do resto, penso que é un libro que fala sobre temas da vida real que poderían pasarlle a calquera.
Yara, 3ºB :)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...