viernes, 6 de enero de 2012
Club de lectura adultos: "Febre" de Héctor Carré
Por fin poidemos ler a novela de Héctor Carré sobre a historia do wolframio, as Minas de San Finx e Lousame. Tárdame saber as vosas opinións; a mín gustoume reaaalmente!, ten as doses precisas en todos os seus ingredientes: humor, amor, historia, ficción, violencia, superación... moi equilibrada e sen estridencias. O meu desexo para esta historia: unha película á súa medida!
Sabemos que tamén a están a ler os alumnos/as do club de lectura de PDC de 4º!
A ver que opinades!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Son Cristian, gústariame saber se ese libro é apto para a miña idade pois o tema tocame moi de cerca
Un saúdo!!!!!!!!!!!
Hola, son Olalla, a profe que estivo con bichos de 5º B o trimestre pasado :). Cristian descoñezo a túa idade, pero o libro é moi fácil de leer, está moi ben escrito, non é nada rebuscado, nin emprega unha linguaxe pesada ou poco habitual. Ademáis si o tema coma dis tócache moi cerca, baiche encantar.
Eu que non son da zona, despertoume moito a curiosidade polas minas desta zona, e os sitios que menciona na novela de Noia, que aínda non coñezo. Ademáis acabas preguntándote cantos deles seguirán en pe hoxe en día? e se sodes da zona pois supoño que a lectura ten máis gracia
En definitiva, unha novela con pizcas de historia, moita intriga e moi ben narrada. Encantoume e a recomendo ;). Moi boa recomendación Susi
Ola, compañeiros e ex-alumnos...
Voume estrenar no blog sendo un pouco discordante (e ben que o sinto). A min non me gustou demasiado o libro; admito que se le ben, pero o guión resultoume algo floxo e os cambios de escena bastante irregulares. Tampouco son partidaria das "moralinas" como a da relación avó-neta (os novos nunca entenden, os adultos sempre saben máis...) E, sobre todo, a min transmíteme a sensación de estar escrita desde fóra: non me creo o narrador; vese que está ben documentado, pero non é de Lousame.
Xa non son máis repelente. A pesar de todo isto a novela merece a pena, aínda que só sexa por retomar uns escenarios e unhas circunstancias que son patrimonio de todos os lousamiáns.
Un bico
Querida Clara: que alegría que esteas connosco, aínda que sexa virtualmente...Que saibas que de ningunha maneira eres "discordante" senon claramente armónica. O teu punto de vista daranos moito que pensar e iso é o millor que podemos facer cos nosos cerebros nos tempos que corren...Esperamos os teus comentarios sobre "El tiempo entre costuras" e por riba de todo disfrutar da túa presencia nalgún momento deste curso. Grazas por estar ahí!!!
Desde las primeras líneas empiezas a entrar en contacto con el entorno, y te dan ganas de preguntar a la gente que vivió en esa época sobre todo lo que saben de lo ocurrido en Noia y Lousame en los años 40.
Publicar un comentario