Sébastien Japrisot, escritor francés de novela policíaca, fainos retroceder no tempo ata a Gran Guerra, ou
Primeira Guerra Mundial. No frente do Somme media ducia de soldados condenados a morte por autolesionarse son abandoados a súa sorte en medio das trincheiras e baixo fogo cruzado. Mathilde, terá que recompoñer páxina a páxina os feitos ocorridos aquel domingo ata coñecer cada unha das pequenas e grandes miserias e heroicidades de que é capaz o xénero humán.
Podedes pedir a peli no departamento de francés, aínda que é (na miña opinión) moi superior o libro...
Vós que pensades?
1 comentario:
Teño que recoñecer que me costou entrar no tema, non me interesaba.
Resultaba moi complicado seguir a trama e sobre todo identificar quen era quen. Todo isto despois deixa de ser un inconveniente. Gustoume o libro paréceme orixinal, moi rico en contido,coherente nas diferentes tramas que vai expoñendo, humano e incluso as veces divertido.teresa
Publicar un comentario