martes, 16 de octubre de 2012

Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego: Leonardo da Vinci




Que ledicia ter un pretexto para deixar o noso cotián e facerlle unha visita a persoalidade tan fascinante que foi Leonardo da Vinci... un CURIOSO TOTAL así en grande, un dos máis grandes ambiciosos da historia, pois tal foi un home que aspirou a aprendelo todo, a investigalo todo, a inventalo todo:
 anatomista, arquitecto, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, inxenieiro, inventor, músico, poeta, urbanista...

Semella que o que este home viviu en 67 anos abondaría para dar que facer a tres ou catro persoas... e aínda así pedirían axuda. Se é certa a teoría das oito intelixencias de seguro que Leonardo tiña máis...

Submerxirse na súa vida e obra semella tarefa imposible, pero vale a pena concederlle un tempiño vendo distintos aspectos: Elixide con coidado... podedes perdervos nesta aventura!
Biografía


Pintura

Anatomista
Inventos
Se queres escribir como Leonardo pincha eiquí.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...