viernes, 26 de octubre de 2012

Facemos o camiño coa banda deseñada? (Curso 2012-13)


Na primeira reunión do club de lectura do 3º ciclo de primaria, tivemos a grande honra dunha visita inédita: Obélix e Idéfix. Astérix non puido asistir por ter que resolver algún que outro conflito cos romanos durante o camiño que vén de Francia a Lousame.

Durante a xuntanza descubrimos que:

a) Astérix, Obélix e Idéfix son galos, e dicir, viven na Galia, actual Francia.

b) Do devandito país van vir visitarnos alumnado e profesorado de secundaria procedente dun pobo chamado Paulhan.

b) Lendo as aventuras de Astérix e Obélix puidemos comprobar que os menhires son unhas pedras grandes nas que ao pé delas atópanse tumbas.

c) Tamén puidemos saber que hai moitos anos en Galicia viviamos en castros; a nosa cultura era castrexa ata que chegaron os romanos e dispuxeron as casas como prototipo de vivenda. Nas imaxes da banda deseñada de Astérix e Obélix puidemos apreciar que a pobación gala, tamén vivía en castros.

d) Obélix o fiel amigo do canciño Idéfix, comentounos que este chámase así porque ten unha idea fixa: comer ósos.  E aquí estamos nunha foto fantástica moi perto dos nosos heroes.


Estamos desexando pescudar moitos máis elementos en común que temos as galas e as galegas. Utilizamos o xentilicio feminino porque nesta primeira reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria somos todas nenas. Se algún intrépido compañeiro quere facer o camiño da banda deseñada connosco que non dubide en asistir á próxima reunión. Nós seguimos facendo camiño, e vós?

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu fago o camiño virtual dende casa. "Astérix e os Xogos Olímpicos" foi moi divertido pero gustoume máis "A gran travesía" porque Obélix era moi gracioso cos paxaros "gluglús". Un saúdo as leonas do Club.

Iris

Frodo dijo...

Prezada Iris.
Gosto imeso do teu comentario, aprezo que sexas unha gran lectora das aventuras de Astérix e Obélix.
Necesitamos xente coma ti unha ciber comentarista. Avanti! Que continuamos facendo Camiño.

Anónimo dijo...

O libro que ue lein e moi interesante
esta cheo de aventuras chámase Asterix dos velgas.

Son Valeria

Anónimo dijo...


Gustoume moito o libro que leín.
Pareceume moi interesante e moi gracioso.


Marta 5ºA.

Anónimo dijo...

Gústame moito porque a historia de Asterix e Obelix é moi entretinida e gústame moito.




SON UXÍA

Anónimo dijo...

O meu libro foi moi interesante e ademais foi moi divertido.En resumo encantóume.

Anónimo dijo...

Gústoume moito leer este libro a filla de susi fixo un bo traballo




SON UXÍA FORNÍS VÁZQUEZ




Anónimo dijo...

gustame moito os libros eos comiks.

Xulia dijo...

Ola, eu tamén lin un cómic: "Astérix dos belgas"; nesta ocasión os nosos protagonistas van falar cos belgas para ver quen ten máis forza... O resto deberédelo descubrir vós.
Nunca lera antes un libro de banda deseñada e quedei encantada, gustoume moitísimo.

Xulia.

Anónimo dijo...

Eu xa acabei de leer o libro, que nos deron, na segunda reinión do club de lectura, e gustoume moitísimo, chámabase: " Lóbrego Romance, Pálido Fantasma " a min gustaríame que outras persoas o leeran, porque está, moi ben.

Marta 5ºA.

Frodo dijo...

Ola Marta, eu tamén o lin e encantoume. Estou desexando ler outros novos que leváchedes. Susi

Anónimo dijo...

eu non lin ningun libro de asterix y obelix pero lin outro libro e gustoume moito por qe era de mortadelo e filemon era un comic gustoume moitoooo isaac 5ºA

Anónimo dijo...

no lein esterox y obelix pero boubou recomendar a pelicula AZUR E ASMAR IVAN 6ºB

Anónimo dijo...

encanto asteris non sei porque non me a puntei antes e moi divertido e oasteris e ovelis e a caña un flipe
aora teño os espiritus azuis
rubén
6 b

Anónimo dijo...

bonito disfrazzzzz

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...