E para celebrar o ano "Celso Emilio Ferreiro" organizouse a seguinte actividade:
RECITANDO CELSOEMILIO
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra,símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.A actividade consta de dúas accións simultáneas e complementarias:
Un acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
Fonte: www.celsoemilioferreiro.org
DEITADO FRENTE AO MAR

eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Fonte: www.galiciaespallada.com.ar
Fonte: www.galiciaespallada.com.ar
Intervención de María Lado e Lucía Aldao en Poesía Alimentaria
1 comentario:
1.A 2º foi a que máis me gustou.
2.Non á violencia,
non ás armas,
non ás mulleres,
non ó racismo.
3.Agardarei aí.
4.Máis vale malo coñecido ca bo por coñecer.
5.Dedicolla a meu primo, que foi mariñeiro.
6.Á pobreza mundial.
7.María Soliña foi unha muller que naceu en Cangas de Morrazo a finales do século XVI.
8.Moraima foi a muller de Celso Emilio Ferreiro.
9.Chove 18 veces.
10.Eiquí en Galicia.
Publicar un comentario