viernes, 15 de febrero de 2013

Súbete ao escenario!

De que estades a falar? De teatro? Acougade... que antes de escenificar necesitamos coñecer un pouquiño das personaxes máis aventureiras da literatura universal:  Gulliver, O principiño e Alicia... Si, si a Alicia a do libro  "Alicia no país das marabillas", "As aventuras de Gulliver" do autor Jonhathan Swift, e por suposto o libro na que os nenos/as reinan: "O principiño".

E por que necesitamos saber destas personaxes? Porque estas recoñecidas personaxes son as protagonistas da peza teatral "Os tres curmáns" do autor Euloxio Ruibal. Peza que teremos que ler e reler para logo escenificar. Contaremos con axuda no seguinte lance? Quizáis o noso ben querido Roberto Vidal Bolaño nos inspire, xa o comprobaremos.


1 comentario:

Anónimo dijo...

A MIN GUSTOUME MOITO O TEATRO DOS TRES CURMANS
O PERSONAXE MAIS DIVERTIDO FOI O PRINCIPIÑO.

NOELIA FORNÍS.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...