viernes, 22 de marzo de 2013

Eu son lectora ... e ti?

Na nosa última reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria tivemos moito "traballo". Primeiro festexamos por adiantado o Día Mundial do Teatro, xa que o 27 de marzo estaremos de vacacións.  Fixémolo lendo de forma conxunta e tamén dramatizada o primeiro acto da obra "Os tres curmáns" de Euloxio R. Ruibal, e pasámolo moi ben, como podedes ver nas seguintes fotos:





Pero aproveitando que temos unha semana de vacacións non podiamos marchar sen levar unha boa provisión de historias para desfrutar... neste caso escollimos libros de aventuras.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola!

A min persoalmente, gustoume moito a obra de teatro; porque os persoaxes eran de libros moi coñecidos.

Tamén lin " O PEQUENO NICOLÁS " que me pareceu un libro moi interesante, o protagonista "Nicolás" contaba a súa vida, o que lle pasaba, como se levaba cos seus compañeiros...
Gustaríame que o lérades e así saberedes o que acontece e se vos gusta ou non.


ATA A PRÓXIMA REUNIÓN !!! Marta 5ºA

Anónimo dijo...

Hola!!!!!
A min o (pequeño Nicolás) pareceume moi divertido, conta con moitas historias sobre el, recomendovos que o leades,é moi gracioso. Espero que vos guste.


O mes pasado tamén lin " OS TRES CURMÁNS" do autor Dranaturgo galego Ruibal. Nesta obra de teatro aparecen tres dos nosos gran fans, que son: Alicia, o Principiño e por suposto Gulliver.
Gustoume moito!
Espero que a vos tamén!

XULIA 5º A

Anónimo dijo...

Eu lin o NICOLASIÑO, ENCANTAME.

A MIÑA PERSONAXE FAVORITA e ALCESTES ATA A VINDEIRA REUNION.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...