jueves, 7 de marzo de 2013

Memorias das Memorias dun Neno Labrego


Que ledicia de representación! Tenra, evocadora, engaiolante, emotiva. Cándido tróuxonos a Balbino, a Lelo, a Pachín e a tantos outros! E sentimos o que eles sentiran, e revivimos as nosas propias vidas e memorias.
Déixovos con algunhas pequenas memorias:
"Balbino, un rapaz de aldea, un ninguén."
"Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos."
"Os rapaces somos tristes"
"Mellor ser pobre de todo que pobre, porque así non aturas o amo."
"... o indiano faría mellor dando eses cartos para o pobre ou mercar libros, pero ao Xudiío ninguén lle da creto"
"Pensar é pecado, tamén ter ideas ou andar pola propia conta á procura da verdade."
E a vós que vos pareceu?

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...