martes, 9 de abril de 2013

5ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE SECUNDARIA






Chegou a primavera e, aínda que o tempo non se corresponde coa estación, nós non decaemos e seguimos lendo para compensar a falta de calor. Por iso, desta vez, centrámonos nun libro que elevou os ánimos: Limpeza de sangue. As opinións  arredor da figura de Fernando e do médico eran dispares e tan só chegamos a acordo cando propuxemos tentar convidar ao autor para falar connosco. Non sei se poderá ser, mais a intención está no noso espírito.
Outro libro (parte dunha triloxía) que está triunfando, sobre todo entre os máis pequenos, é Sabes que te quiero? Este e Canciones para Paula pasan dunhas mans noutras en busca de lectores.
Non queda máis que unha reunión no mes de maio; ata entón boas lecturas!!!!

Un ollo de vidro
Sabes que te quiero?
Llamando a las puertas del cielo
Os dous de sempre
O caso máis extraño do detective Marschen
O misterio dos fillos de Lúa
Memorias dun río
Amor de los quince años, Marilyn
A esmorga







No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...