lunes, 13 de mayo de 2013

Derradeira sesión do club de lectura "Pícaros"


O luns 13 de maio reunímonos para ter a derradeira sesión por este ano. Para pechar o ano rematamos lembrando como comezamos: escoitando os poemas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.
Tamén escoitamos o conto "Os catro amigos" e "A memoria das árbores" e rematamos os debuxos que empezaramos para seren incluídos nos folletos que serán enviados ás familias próximamente.
O vindeiro curso seguiremos coas nosas lecturas.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...