martes, 18 de marzo de 2014

Reunión do club de lectura do 2º e 3º ciclo de primaria no mes de marzo

O mes de marzo é o mes da poesía. Por eso nesta reunión do club de lectura o que fixemos foi ler o libro e visionar o DVD da editorial OQO "Contos en cantos". Os nenos e nenas recordaron contos como "Mariluz avestruz",  "Paco Papán", "Corre corre cabaciña"... Contos todos eles que trataron en Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
Despois de falar sobre o que pasaba en cada conto lemos a letra da canción para comprobar como un conto se pode facer poesía. Para rematar, miramos na pantalla dixital o DVD e cantamos. Todos @s nen@s marcharon encantados.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

gustoume o libro el laberinto de las cien puertas e tamen o fragmento que leímos da fraga máxica
lucía e uxía de 6º e de 5º

Anónimo dijo...

o libro que mais me gustou foi mariluz a avestruz e estaban moi guapas
Elisabeth 4ºB

Anónimo dijo...

gustoume moito escoitar os libros o libro que mais me gustou foi corre corre cabaciña Sheila

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...