domingo, 16 de noviembre de 2014

Cine-Fórum do Club de Lectura de Secundaria: Beetlejuice

Este curso propuxémonos non só falar de lecturas no sentido máis amplo: libros, contos, poesía e cómic, senón tamén de lecturas de outras linguaxes, dándolle tamén cabida a ilustración, ao cine e á música. Para comezar aproveitamos o Samaín para ver un clásico de cine que trata o medo e a risa como é Beetlejuice de Tim Burton. Durounos seis recreos nos que quedamos para gozar da peli coa compaña de flocos de millos.

Falamos do resto de películas de medo deste director das que case todos viran algunha:







E da relación de Tim Burton coa literatura sobre todo coas versións dos clásicos de Lewis Carroll e Roal Dalh:




Quedamos para ver outra peli no segundo trimestre. Non faltedes!!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...