viernes, 12 de diciembre de 2014

Club de lectura de secundaria: "O Nadal, cara B"

Título que todos os maiores entendemos pero que tivemos que explicarlles aos rapaces e rapazas como eran os discos de música antes. Rápidamente o entenderon e empezaronnos a falar das compras excesivas, das ausencias que nos poñen tristes, de que comemos demasiados doces ou de que o Nadal... dura pouco!
Efectivamente aproveitamos para traballar con distintos tipos de textos, o grafiti:


a viñeta de humor crítico:


o cartel:


Ou a imaxe sen texto:


Despois pasamos ao poema visual Consumismo:


E rematamos esta parte coa poesía de Pablo Neruda Abrazo:
Un simple abrazo nos enternece el corazón; 
nos da la bienvenida y nos hace más llevadera la vida.

Un abrazo es una forma de compartir alegrías 
así como también los momentos tristes que se nos presentan.

Es tan solo una manera de decir a nuestros amigos 
que los queremos y que nos preocupamos uno por el otro 
porque los abrazos fueron hechos para darlos a quienes queremos.

El abrazo es algo grandioso. 
Es la manera perfecta para demostrar el amor que sentimos 
cuando no conseguimos la palabra justa.

Es maravilloso porque tan sólo un abrazo dado con mucho cariño, 
hace sentir bien a quien se lo damos, sin importar el lugar ni el idioma 
porque siempre es entendido.

Por estas razones y por muchas más... 
hoy te envío mi más cálido abrazo.

Tamén falamos de clásicos de Un conto de Nadal  de Dickens e Papá Noel de Raymond Briggs.
Na segunda parte pasamos a falar do Cómic de Miguelanxo Prado "A árbore de Nadal" que todos coñecían por tela lido en primeiro de ESO no seu libro de galego. Aproveitamos para falar del, xa que o noso roteiro literario deste trimestre e que levariamos a cabo ao día seguinte esta adicado a el. A todos lles gustou moito o cómic e fíxolles moita gracia a historia.
Finalmente, retomando o noso tema O Nadal, cara B, rematamos lendo o conto Madonna, do libro Contos de Nadal escrito por Manuel Rivas con ilustracións de Miguelanxo Prado.
Falamos de cómo ata ben entrado o texto non sabiamos se falaba un rapaz e unha rapaza, e falamos do que sabiamos da enfermidade das vacas tolas, de que a eles non lles costaba comprender os números negativos, e, sobre todo, reflexionaron arredor da  consideración que se debía dar aos animais, aínda sendo para consumo dos humanos. 



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...