martes, 16 de diciembre de 2014

Reunión do Club de Lectura do mes de decembro.

 Neste mes de decembro @s nen@s de terceiro de primaria tivemos o club de lectura o día 1 co profe Óscar. Os de cuarto tiverono o día 15 coa profe María.
 O primeiro que fixemos foi mirar unhas revistas do Xabarín Club, xa que o día 13 había unha excursión na que se visitaba a obra de Miguel Anxo Prado, que como sabedes foi o ilustrador do Xabarín.
 Despois, e como nos atopamos no mes de Nadal estivemos mirando un libro que se chama "Mi libro de la Navidad".
 Este libro fala de como se celebra o Nadal en distintos países do mundo. Eleximos varios países e miramos que se come na Noiteboa, como se decoran as casas...

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...