Na
reunión do club de lectura do mes de febreiro celebramos o mes do
amor. Para comezar, vemos un corto sobre esta temática e despois,
entre todos os nenos e nenas, lemos varios poemas de amor. Para
rematar, todos eles fixeron unha ou dúas tarxetas para agasallar aos
seus seres queridos (algún amigo ou amiga especial, un familiar...),
expresándolles os seus sentimentos e agradecéndolles formar parte
das súas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario