Na nosa última reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria tivemos moito "traballo". Primeiro festexamos por adiantado o Día Mundial do Teatro, xa que o 27 de marzo estaremos de vacacións. Fixémolo lendo de forma conxunta e tamén dramatizada o primeiro acto da obra "Os tres curmáns" de Euloxio R. Ruibal, e pasámolo moi ben, como podedes ver nas seguintes fotos:
Pero aproveitando que temos unha semana de vacacións non podiamos marchar sen levar unha boa provisión de historias para desfrutar... neste caso escollimos libros de aventuras.
Ola!
ResponderEliminarA min persoalmente, gustoume moito a obra de teatro; porque os persoaxes eran de libros moi coñecidos.
Tamén lin " O PEQUENO NICOLÁS " que me pareceu un libro moi interesante, o protagonista "Nicolás" contaba a súa vida, o que lle pasaba, como se levaba cos seus compañeiros...
Gustaríame que o lérades e así saberedes o que acontece e se vos gusta ou non.
ATA A PRÓXIMA REUNIÓN !!! Marta 5ºA
Hola!!!!!
ResponderEliminarA min o (pequeño Nicolás) pareceume moi divertido, conta con moitas historias sobre el, recomendovos que o leades,é moi gracioso. Espero que vos guste.
O mes pasado tamén lin " OS TRES CURMÁNS" do autor Dranaturgo galego Ruibal. Nesta obra de teatro aparecen tres dos nosos gran fans, que son: Alicia, o Principiño e por suposto Gulliver.
Gustoume moito!
Espero que a vos tamén!
XULIA 5º A
Eu lin o NICOLASIÑO, ENCANTAME.
ResponderEliminarA MIÑA PERSONAXE FAVORITA e ALCESTES ATA A VINDEIRA REUNION.