Páginas

viernes, 22 de marzo de 2013

Última reunión 2º trimestre

E case sen darnos conta, alá vai un novo trimestre. Esta temporada seguimos lendo cada un pola súa conta, o que nos apeteceu da biblioteca do centro. A profesora facía o seguimento individual das nosas lecturas e  os venres comentabamos entre nós. Martín, como sempre, escolleu algo de ciencia- ficción e misterio; Iván gozou moito con Pel de lobo e recomendoulle a súa lectura a Diego; Alba pasouno mal coa historia de malos tratos de Marta... En fin, velaí tedes a lista:

  • Goscinni e Uderzo, Astérix e Cleopatra.
  • Pascual Alapont, O inferno de Marta.
  •  Óscar Wilde, El fantasma de Canterville.
  • Max Allan Collins, CSI Desaparecida.
  •  Agustín F. Paz, Cartas de inverno.
  • Roal Dhal, Matilda.
  •  Marica Campo, Cando Xoel aprendeu a voar.
  •  Xosé Miranda, Pel de lobo

 Pero ademais, coma o resto dos grupos de secundaria, fixemos unha lectura conxunta de teatro e, coma os demais terceiros, lemos Unha primavera para Aldara, de  Teresa Moure. Cando a profesora nos propuxo ler  unha obra de teatro xuntos, apeteceunos moito; cando nos dixo que estaba ambientada nun convento na idade media, cortáronsenos as ganas de súpeto. A verdade é que as primeiras veces non nos dabamos centrado, pero axiña nos comezou a interesar; había motivos: sexo, intrigas, violencia de xénero, loitas por gobernar... Ao final ata nos deu pena que rematase e, desde logo, queriamos outro final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario