viernes, 27 de febrero de 2009

Pel de lobo, de Xosé Miranda

Unha noite chegou un home buscar a Fulxencio e a Xosé para matar lobos. Foron toda a noite en camiño, acompañados do can Bal, e ó chegaren alá xa era día. Comeron na casa do home que lles fixera a encarga e alí coñeceu ás irmás Aurora e Ana, e prendouse de Aurora. Na aldea tamén coñeceron a Rosa dos Chantos, que ás veces era home, Roso dos Chantos.Un día o lobo baixou á aldea para comer ó can de Rosa e marchou. Ó día seguinte puxéronlle un cebo que fixeran o día anterior para cazalo e non o fixeron. O día despois fixeron un sequeiro para protexer a aldea do Incio e á noite o pai e Xosé foron ó monte para cazalo co cabalo e rodeáronos todos os lobos.De alí a alí Xosé soubo quen era o lobo branco ardendo a pelica co pauferro; o lobo negro era.... salvouse así a aldea e non houbo máis lobos nin no inverno nin no verán e Xosé acabou casando con ........ E ó final dixeron que no Pousadoiro viran un lobo vello, será preocupante?Queres saber quen eran os lobos? Pois le este libro divertido e fácil de ler e comprender.Os seus ollos negros, negrísimos coma o aire nocturno ou coma o mar nunha noite sen lúa, negrísimos como un pozo, mirábanme de fite(…). Eu disparei repetidamente (…), pero o lobo deu dous pasos e…

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...