viernes, 27 de febrero de 2009

A volta ó mundo en 80 días, de Xulio Verne

Phíleas Fogg, despois de contratar ó seu criado Pasepartout, decide logo duns cálculos dar a volta ó mundo en 80 días. Facendo unha aposta de 20 mil libras emprende a viaxe. Pero a cousa complícase polo axente de policía Fix, que vai tras el culpándoo de roubar o banco de Inglaterra . O señor Fogg embarca para ir a India . A bordo dun expreso chega a Calcuta, onde coñece á señorita Auda, despois de salvarlle a vida. Cando chega a China teñen tempo para coller outro barco que os levaría a Yokohama, pero Fix fai todo o posible para que non saia nese barco, e así é. O señor Fogg ten que agardar a coller outro barco para chegar a San Francisco; dende alí colle un expreso que os leva ata Nova York. Cando chega a Amsterdan, o detective Fix arréstao a poucas horas de gañar a súa aposta, pero ó pouco déixano libre por unha confusión. O señor Fogg, Pasepartout e a señora Auda collen un tren para Londres, pero chega 5 minutos tarde para gañar a aposta. Phíleas Fogg , xa que perdeu a aposta, decide casar coa señora Auda, e mandou o seu criado a polo cura; cando este volve danse de conta de que gañaran a aposta e entrou no salón do Reform Club a poucos segundos de acabarse o tempo.Non podedes deixar de lelo os amantes das aventuras.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...