viernes, 19 de abril de 2013

A fantasía dos irmáns Grimm.


Hoxe mergullámonos nalgúns dos máis de douscentos contos de tradición oral recollidos e adaptados polos irmáns Grimm en lingua xermánica e traducidos a case todas as linguas existentes do planeta terra.

Seguramente estaredes a preguntarvos o porqué da escolla dos irmáns Grimm. En realidade, seleccionamos a estes dous autores con motivo do bicentenario da publicación dalgúns dos seus contos.

Borja, Noelia, Leire, Laura, Xulia e Marta, apaixonadas e apaixonado da lectura, deleitáronnos con algúns dos parágrafos dos seguintes contos: “O xastriño valente” “Os sete cabuxos”, “Os tres osos”, “A casiña de chocolate”, “Blancaneves” e “Os catro amigos”.

Desexámosvos que teñades unhas harmoniosas lecturas na procura da fantasía.

P.D. Grazas profesor Adolfo! Grazas por ter compartido connosco a túa cámara e o teu tempo para descargar as fotos.
Podedes ler e escoitar algúns dos contos dos irmáns Grimm na seguinte web:http://albalearning.com/audiolibros/grimm/

1 comentario:

Anónimo dijo...

leons de libros borja miro la foto

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...