E case sen decatarnos chegamos á fin. Esta semana andamos agobiados, pero non quixemos despedir o curso sen contarvos as nosas lecturas deste trimestre. Ademais de dedicar un bo anaco á lectura de fragmentos de Vidal Bolaño e navegar pola rede para empaparnos da súa vida e a súa obra, tamén lemos cada un o que nos apeteceu. Aínda así coincidimos nalgúns temas; por exemplo Alba e Mateus leron obras relacionadas coa resolución de misterios e/ou problemas relacionados coa guerra civil española; diso trataban Noite de voraces sombras e ¿Quién mató a Inmaculada de Silva?. Di Alba que o 1º é "unha historia preciosa dun amor perdido no pasado que Sara viviu moitos anos despois con tanta intensidade como os seus protagonistas". A que lle quedou ben?
Mónica, afeita xa a ler teatro logo de Vidal Bolaño e Teresa Moure, animouse con Servizo de Urxencias, unha serie de sketchs cómicos que acontecen nun hospital atendido por personaxes un tanto peculiares. Risa asegurada, disque.
Víctor e Álex leron obras de clásicos galegos da literatura xuvenil, Fernández Paz e A. García Teijeiro.
Por último, Martín foi ao espazo con Big Bang e disfrutou dunha "animación suspendida" (así nolo explicou) na nave Eret II. E a Iván pérdeo o fútbol, así que da man de Julián investigou a morte dun xogador do Deportivo en O gol imposible.
Agora toca descansar, levaremos as lecturas a pé de praia. Deica o curso que vén!!
1 comentario:
Pois metéchesme gañas... vou buscar algúns destes libros para o verán. Xa vos irei contando o que me parecen según vaia lendo.
Susi
Publicar un comentario