martes, 14 de octubre de 2014

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA.

O pasado luns 13 de outubro fixemos a primeira reunión do club de lectura deste curso. Como era a primeira e aínda non sabíamos cantos nenos e nenas se ían apuntar fixémola os de terceiro e cuarto xuntos. Como houbo unha afluencia masiva decidimos facer dous grupos, un para terceiro e outro para cuarto.
Nesta primeira reunión fixémoslle unha pequena homenaxe a Mafalda. Cada un recibimos unha folla con varias viñetas de Mafalda, lémolas, explicámolas e representámolas.
Pasámolo xenial. Velaiquí deixamos unhas fotiños do que fixemos.




No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...