martes, 14 de octubre de 2014

Primeira reunión do club de lectura de quinto e sexto.

O pasado martes 14 de outubro fixemos a primeira reunión do club de lectura deste curso. Fixémola os de quinto e sexto xuntos e aínda nos faltaron uns compañeiros que non poideron vir porque tiñan que atender no comedor. Como somos tandos decidimos facer dous grupos.
Nesta primeira reunión fixémoslle unha pequena homenaxe a Mafalda. Cada un recibimos unha folla con varias viñetas de Mafalda cos bocadillos en branco, para que os enchésemos e o próximo día leerémolos e compararémolos cos orixinais.
Non vos perdades a vinderia reunión ... pasarémolo DE MEDO!!.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...