martes, 4 de noviembre de 2014

Visita de María Solar

Hoxe achegouse ata Lousame a periodista e escritora María Solar. O curso pasado tivemos o pracer de ler o seu libro O fillo do Pintamonas. Falou con nós do libro, e de como se animara a escribir, e lembrou a importancia que tivo na súa infancia e despois nas súas eleccións de  vida as historias e lendas que lle contaba a súa avoa.
Foi unha visita que seguro deunos máis ganas de ler aínda... e agradecémoslle a María o esforzo de facer un oco para nós. Agradecemos tamén ao Concello de Lousame que nos prestase o seu salón de actos para a ocasión.
Unha doce lembranza para María e moitos ánimos e éxitos para os vindeiros libros que seguro, ha escribir.




No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...