viernes, 24 de octubre de 2014

Día da Biblioteca Escolar

Este ano a nosa celebración do Día da biblioteca tiña por obxectivo difundir algúns dos fondos meños coñecidos da nosa biblioteca.


Todos o profesorado recibiu un díptico cunha relación dos aparellos tecnolóxicos,  audiovisuais ou de apoio cos que conta a biblioteca, así como os recursos que poden atopar no blogue da biblioteca e apartado da biblioteca na páxina web do centro.



No corredor principal fixemos unha exposición cos libros-xogo, pop-ups e libros maqueta.


Como apoio á decoración contamos con esculturas-libro e poemas visuais feitos por alumnos e alumnas de Educación Plástica de secundaria.



 Diante da Biblioteca, aproveitamos as vitrinas para expoñer parte dos libros adicados e asinados polos propios autores, que nun momento dado nos visitaron para achegarnos á súa obra.


No centro, e presidindo, puxemos o libro de visitas da nosa biblioteca.



 
A conmemoración dos 50 anos de Mafalda tamén tivo o seu espazo na sala de profesores onde acompañou unha mostra de libros de máis ou menos a súa época, cunhas doces sonrisas galegas para darnos enerxía ...



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...