viernes, 24 de octubre de 2014

Primeira reunión do club de lectura de secundaria

 Pois aquí nos tedes de novo, con azos renovados para ler e reler os nosos textos favoritos e descubrir outros. Na primeira reunión, e aínda que o público xa estaba convencido de antemán repasamos as nosas: "101 Razóns para ler"


Despois puxémonos líricas e lemos os seguintes poemas en castelán: Otoño de Ángela Figuera, Cabalgar sobre la mar de Rafael Alberti e La noche en la isla de Pablo Neruda.


Abordamos tamén a cuestión de cómo se sinte a adolescencia segundo se sexa home ou muller grazas a dous poemas de Carlos Negro, Roedores do caucho do seu poemario Makinaria e It girl, do máis recente Penúltimas tendencias.


Tamén levabamos preparadas unhas tiras de Mafalda para festexar o seu 50 aniversario, pero o tempo botóusenos enriba e comentarémolas na vindeira sesión de novembro.




No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...