Nesta ocasión Alba Souto preparou unha actividade en torno á triloxía da Materia Oscura de Phillip Pullman, facendo unha comparanza entre os libros, o tráiler da película "A brúxula dourada" e o tráiler da serie que está a preparar HBO. Rematou o obradoiro cunha sesión de meditación "deimon " incluído!! E por suposto, fixeron a súa valoración das actividades do club.
Desgrazadamente, nesta ocasión só podemos contar no obradoiro co alumnado de terceiro de ESO, xa que finalmente o alumnado de segundo de ESO do club de lectura tiña que acudir a outra actividade.