Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas
viernes, 13 de marzo de 2015
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
Este venres tivemos de novo a oportunidade de reunirnos e intercambiar as nosas experiencias e inquedanzas nos Encontros do Plan de Mellora das BE. Como sempre vimos con moita información e motivación para compartir. Parabéns.
Nesta ocasión, nós demos a coñecer o noso traballo centrándonos no traballo que estamos a facer este ano arredor do cómic e a ilustración, e, por outra banda os nosos roteiros literarios ou os Kamishibai que foron parte do premio acadado polo noso proxecto interdisciplinar: Xogos
sábado, 9 de marzo de 2013
Encontros do PLAMBE 2013
Estes xoves 7 e venres 8 desenvovéronse en Santiago de Compostela os Encontros do PLAMBE, dos que queremos destacar a pegada que nos deixou Antonio Rodríguez Menéndez co seu proxecto Farenhait 451 e tamén La voz a ti debida. Tamén trouxemos nas nosas mochilas moitas interesantes propostas e contactos para inciar proxectos conxuntos. Parabéns ás organizadoras!
viernes, 20 de abril de 2012
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2011/12
O xoves 19 tiveron en Santiago de Compostela os encontros dos 82 centros PLAMBE 7 (nós entre eles) e o venres 20 se nos uniron os 222 compañeiros dos PLAMBE 4, 5 e 6. En total eramos 304 centros falando da marcha das nosas bibliotecas. Para saber o que deron de si estos encontros podedes ver os materiais que xa están colocados na aula moodle da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Non vaiades moi rápido que aínda non os colgaron todos!! Ao longo da semana que ven estará máis ou menos completo... os vídeos das xornadas pode que tarden un pouco máis en seren editados. Pero vale a pena pois traemos aos centros materiais moi interesantes como o "Marco de Referencia para as Bibliotecas Escolares" e a ferramenta de autoavaliación da BE "Bibliotecas Escolares ¿entre interrogantes?" E moitas ideas e aprendizaxes dos que falaremos proximamente. Parabéns á organización
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


