Mostrando entradas con la etiqueta ilustradores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ilustradores. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de abril de 2014

Visita de Jacobo Fernández


O ilustrador Jacobo Fernández, autor da coñecida serie Marcopola e dos debuxos do último dos libros que lemos na aula, O raposo e a mestra, visitou o noso centro para explicarnos cómo era o seu sistema de traballo e cómo facía os debuxos. Tivemos un rato moi entretido e que nos animou a facer nós as nosas propias composicións, además de deixounos un debuxo de recordo e asinou no libro de visitas da biblioteca. Moitas grazas a Jacobo por todo!!

viernes, 1 de junio de 2012

Visita de Xosé Cobas


Onte xoves 31 de maio veunos a visitar o ilustrador Xosé Cobas que nos explicou moitos dos seus segredos na creación das súas ilustracións. A visita foi organizada polos titores/as de 3º ciclo de primaria coa colaboración da mestra Mª Teresa Gil Rodríguez e a pesares do calor tan abafante que ía resultou unha charla moi amena e que nos aprendeu moito. Agora só falta que vos animedes a ilustrar os vosos propios contos. Se o facedes, non deixedes de contárnolo!!

sábado, 10 de marzo de 2012

Xaquín Marín, Ilustrador

Dende o 10 de marzo na nosa biblioteca propoñémosvos acercarvos a obra de Xaquín Marín, por medio dunha exposición dos seguintes libros: "Cen + Cen Pes", "O Peixe de Pedra", "Sorrisos e Boa Colleita", "As Dúas Viaxes", "Dos Pes á Testa" e a recompilación grafica de varios autores: "BD, Banda" nº 1, primaveira do 2001. Xaquín Marín é caricaturista e ilustrador, nacido en Ferrol en 1943 é o fundador e director do Museo do Humor de Fene.

sábado, 21 de enero de 2012

Rebecca Dautremer



Exposición sobre Rebeca Dautremer na nosa biblioteca


Rebecca Dautremer é unha ilustradora francesa que xunto con Sébastien Lacombe traspasa as fronteiras do país galo. Podedes ver o seu traballo nos libros que temos na biblioteca e aquí tedes a súa páxina web oficial, esperamos que os disfrutedes.


lunes, 28 de noviembre de 2011

Benjamin Lacombe, ilustrador

Xa temos unha nova xoia na biblioteca! "Os Contos macabros" de Edgar Alan Poe, ilustrados por Sébastien Lacombe e traducidos por Julio Cortazar! Todo un luxo que se une as outras xoias que xa tiñamos: Érase unha vez..., Os amantes mariposa...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...