Mostrando entradas con la etiqueta Os vellos non deben de namorarse. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os vellos non deben de namorarse. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de enero de 2012

Club de lectura 3º PDC: Os vellos non deben de namorarse


O club de lectura de 3º de PDC limos durante os meses de decembro e xaneiro “Os vellos non deben de namorarse”. É unha das obras máis populares do teatro galego. Escrita por Castelao, atopamos tres historias cun tema común: un vello que se namora dunha rapaza moito máis nova ca el.
É unha historia moi divertida e interesante. A nós gustounos especialmente o vello protagonista do II lance. O libro retrata un pouco a época de Castelao e as desigualdades sociais. Ensínanos que para determinadas cousas na vida, como é o amor, hai que ter sentidiño común e que as cousas pasan ao seu debido tempo.
A escena final no cemiterio tamén é simpática. Os tres vellos protagonistas, lonxe de producir en nós tristura, diremos que conseguiron o seu merecido por non ter os pés no chan.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...