De novo a risas con esta obra; nesta ocasión representamos a segunda escea do acto primeiro. E como acordáramos o mes pasado, non queremos agardar un mes para seguila representando de modo que acordamos facer a única escea do segundo acto este xoves 11.
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
martes, 9 de abril de 2019
martes, 12 de marzo de 2019
Club de lectura 3º ciclo primaria de marzo: A voltas co teatro!
Seguimos coa nosa representación da obriña teatral "O Achado do Castro", de Núñez Singala. Decidimos volver a representala dende o principio, xa que nos gustou tanto que se nos uniron máis compañeiros e compañeiras. As risas foron moitas e para o vindeiro mes ... imos facer sesión dobre para poder facela seguida, así que acordamos ter dous días do club en lugar de un.
De verdade que vola recomendamos se queredes botar unas boas gargalladas!!!
martes, 12 de febrero de 2019
Reunión do club de lectura de 3º ciclo: O achado do Castro
Este mes de febreiro adicámolo a ler teatro, fixemos unha lectura dramatizada do primeiro acto desta divertida obra teatral... e botamos unhas boas risas...
Agardámosvos o vindeiro mes para seguir coas aventuras de Carmiñae e Manolitus!
viernes, 20 de noviembre de 2015
Segunda reunión do club de lectura temático
Nesta segunda reunión comezamos coa nosa andaina teatral falando de aqueles libros de teatro que coñeciamos, que en xeral son poucos, por suposto falamos do "Achado do Castro" de Núñez Singala que xa temos lido en varias ocasións no noso centro; tanto no club de lectura como de lectura de aula.
Finalmente decidimos que imos comezar por unha lectura por esqueches, en este caso tomados da obra "Recursos teatrais para a expresión dramática na escola" de Fina Casalderrey.
viernes, 22 de marzo de 2013
Eu son lectora ... e ti?
Na nosa última reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria tivemos moito "traballo". Primeiro festexamos por adiantado o Día Mundial do Teatro, xa que o 27 de marzo estaremos de vacacións. Fixémolo lendo de forma conxunta e tamén dramatizada o primeiro acto da obra "Os tres curmáns" de Euloxio R. Ruibal, e pasámolo moi ben, como podedes ver nas seguintes fotos:
Pero aproveitando que temos unha semana de vacacións non podiamos marchar sen levar unha boa provisión de historias para desfrutar... neste caso escollimos libros de aventuras.
Pero aproveitando que temos unha semana de vacacións non podiamos marchar sen levar unha boa provisión de historias para desfrutar... neste caso escollimos libros de aventuras.
viernes, 15 de febrero de 2013
Súbete ao escenario!
De que estades a falar? De teatro? Acougade... que antes de escenificar necesitamos coñecer un pouquiño das personaxes máis aventureiras da literatura universal: Gulliver, O principiño e Alicia... Si, si a Alicia a do libro "Alicia no país das marabillas", "As aventuras de Gulliver" do autor Jonhathan Swift, e por suposto o libro na que os nenos/as reinan: "O principiño".
E por que necesitamos saber destas personaxes? Porque estas recoñecidas personaxes son as protagonistas da peza teatral "Os tres curmáns" do autor Euloxio Ruibal. Peza que teremos que ler e reler para logo escenificar. Contaremos con axuda no seguinte lance? Quizáis o noso ben querido Roberto Vidal Bolaño nos inspire, xa o comprobaremos.
E por que necesitamos saber destas personaxes? Porque estas recoñecidas personaxes son as protagonistas da peza teatral "Os tres curmáns" do autor Euloxio Ruibal. Peza que teremos que ler e reler para logo escenificar. Contaremos con axuda no seguinte lance? Quizáis o noso ben querido Roberto Vidal Bolaño nos inspire, xa o comprobaremos.
viernes, 27 de abril de 2012
Reunión do club de lectura de primaria: Bolboretas voando libres
Tras tres reunións rematamos a lectura do "Achado do Castro". Queredes saber como o pasamos... e o que máis nos fixo rir? Pois non deixedes de ler os nosos comentarios eiquí embaixo. Esperámosvos!!!
viernes, 20 de abril de 2012
O Club de lectura PDC 3º no "Servicio de Urxencias"
O club de lectura de 3º de PDC
mantén a liña do teatro nos meses de febreiro, marzo e abril. Esta vez
escollidos “Servizo de Urxencias” de Suso de Toro, que é unha recopilación de
quince guións dunha minicomedia de situación emitida pola TVG en 1990. Cada
capítulo é un guión, polo que imos a razón de capítulo por semana.
Está ambientada no servizo de urxencias dun gran hospital, e en clave
paródica e de humor negro, traballan estes personaxes:
-
O
Doutor Dapena, Xefe de Servizo, case nunca aparece polo traballo pois ten a
"enfermidade do sono".
-
O doutor
Paulino Pereiro Pereiro, solteiro entrado en anos que nunca se estreou nin atopa
moza, a quen súa nai, coa que vive, procura ter sobrealimentado.
-
A
doutora Chus Nespereira Nespereira, co seu mozo infiel profesor de instituto.
-
A
enfermeira Encarna -Encarnación Silva Silva-, feminista con mozo veterinario ao
que lle gustan os animais e desencantada dos homes, pois pensa que son todos un
rabaño de burros.
-
O
celador Cipri -Cipriano Vilariño Vilariño-, un pícaro simplón, popular e
enxeñoso que instala no centro o seu chiringo de empanadas e obxectos (bolis,
reloxos de propaganda...) dos pacientes.
Gústanos porque cada capítulo é unha situación diferente: un
"paciente" vai porque precisa un preservativo; outra ten caspa; un
borracho, crendo que segue no bar, pide máis alcol; un rapaz esposado por roubar
radiocasetes fuxe porque tamén roubara os dos sanitarios; o Papá Noel duns
grandes almacéns foi agredido por unha nena pois confundiu os regalos: deixoulle
a ela a boneca inflável que pedira o pai e a este a Barbie...
Os tratamentos para tales males tamén hai que telos en conta: o mozo tartamudo
de Encarna cúrase cos callos picantes de Paulino; Encarna soluciona o problema
dun borracho agarrándoo polas súas partes; e Cipri, que suspendeu un exame de
técnico sanitario, fai prácticas coma se fose médico aplicando remedios tan
elementais pero efectivos como una patada no traseiro, aínda que ás veces tamén
se equivoca: mestura as radiografías do marido cirrótico e a muller embarazada,
e vende a exclusiva de localizar a un home embarazado.
Este humor negro, tan presente na cultura popular galega, baséase sobre
todo nos xogos de palabras e nos equívocos. Obra altamente recomendable para
ler en grupo.
viernes, 17 de febrero de 2012
Club de lectura de PDC 3º "¡Quedan detenidos!"
O club de lectura de 3º de PDC limos en xaneiro unha das
obras de teatro recollidas en “Teatro breve” de Alberto Miralles. A escollida
foi a titulada “¡Quedan detenidos!” porque presenta ao redor de sete
personaxes, mentres que as demais obras teñen dous ou tres.
Os feitos desenvólvense no cárcere, onde a raíz dunha redada antidroga, van
compartir cela personaxes de moi diferente tipo social: un deputado, unha nai,
un xornalista, unha prostituta, un travestí... Mediante unha postura crítica
pero en clave de humor, vaise por de manifesto a solidariedade do pobo fronte
ao egoísmo dos poderosos.
Resulta interesante ver a cantidade de feitos e de diálogos que hai sen que
saian do cárcere no que se atopan estes personaxes. Sobre todo é unha obra de
teatro divertida. Destacariamos o xogo que hai co deputado, o personaxe do
“camelo”, a pelexa entre Maruja e Trini, e certas expresións. Para saber a que
nos referimos teredes que ler a obra.
A única cousa negativa é que para entender determinadas expresións ou críticas é preciso coñecer o contexto no que o autor escribiu esta obra porque ten moito que ver coa situación política que vivía España na década dos 60.
A única cousa negativa é que para entender determinadas expresións ou críticas é preciso coñecer o contexto no que o autor escribiu esta obra porque ten moito que ver coa situación política que vivía España na década dos 60.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







