Mostrando entradas con la etiqueta Torrente Ballester. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Torrente Ballester. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de diciembre de 2011

Roteiro a Ferrol, imaxes...









Pois aquí tedes as imaxes do Roteiro Literario polo Ferrol de Torrente Ballester. Comezamos na ermida de Chamorro ou Nosa Señora do Nordés vendo unha panorámica de Ferrolterra, despois baixamos ata o porto de Ferrol, a tomar un cafeciño que viña ben, aínda que penso que o tempo foi moi benévolo con nós. Despois paseamos un pouco ata o Parque Raíña Sofía onde o pasamos moi ben facendo música no parque, dándolle de comer ós pavos reais e fuchicando cos trebellos de Acuaciencia. 
Tras unha reparadora comida picnic en Amboaxe e un café con torta no BlaBlá paseamos pola Calle Real, Cantóns de Molíns e Praza de Abastos, vendo os principais edificios modernistas da vila. Tras outro café no "invernadoiro" entramos a ver o Tradicional Belén da Orden Terceira de San Francisco, que se movía reaaalmente!
Cun chocolatiño con churros e buñuelos no bandullo, volvemos pra Lousame cantando baixiño... vale, non tan baixiño. Grazas a todos e todas por portarse tan ben e seres tan agradables, foi un sábado inesquecible!!

sábado, 29 de enero de 2011

La boda de Chon Recalde



Esta foi a derradeira obra de Gonzalo Torrente Ballester; nela, o escritor ferrolán percorre coa súa lúcida mirada o Ferrol da postguerra, a súa vida anodina, ilusoria, de xentes que pretendendo case únicamente sobrevivir aparentan ter alcanzado as súas aspiracións persoais e sociais, tal que fidalgos do Lazarillo de Tormes. Neste mundo de apariencias, as penas, os amores e a compaixón exércense tamén ás veces, dunha forma soterrada, secreta... "sans faire semblant".
Visitade a súa páxina web oficial facendo clic aquí.
Se queredes saber máis deste autor recomendamos os seguintes vídeos:
Los mundos de Gonzalo Torrente Ballester
Yo nací en una aldea de Galicia...
Gonzalo Torrente Ballester por Gonzalo Torrente Ballester
Nesta sesión aproveitamos tamén para ver o e-book que ten a nosa biblioteca e analizar as súas posibilidades, e unha refrescante proposta: os libros acuáticos da editorial Punto de Lectura.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...