Mostrando entradas con la etiqueta San Finx. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta San Finx. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de enero de 2012

Visita ás Minas de San Finx




Este sábado 21 os integrantes do Club de lectura de adultos visitamos ás Minas de San Finx, actividade complementaria á lectura do libro "Febre" de Héctor Carré. Maite Sobradelo explicounos a historia das Minas e amosounos as ferramentas e maquinaria gardada no museo. Entusiasmounos ver ónde estaba o Cuartel da Garda Civil e a taberna de Roxelio. Quedamos moi contentos de coñecer esta parte da historia do concello. 
Para todos/as os que estades afectados pola febre do wolfram, eiquí tedes maís mediciña:
"Cabalo de ouros" de Víctor Freixanes, "Misión de guerra en España" de Carlton Hayes, "La batalla del Wolframio" de Joan María Thomas e "1936, a guerra civil en Lousame e Noia" de Xerardo Agrafoxo.
Grazas a todos e todas por vir, a Maite polo que nos contou e a Olalla por tan belas fotos.

miércoles, 30 de marzo de 2011

As Minas de San Finx

Como sabedes o luns 4 de abril teremos unha conferencia sobre a historia das Minas de San Finx na Casa da Cultura de Lousame a cargo de Maite Sobradelo Creo. Eiquí tedes unha recopilación do que ata agora hai publicado na rede:

Páxina web das Minas: www.minasdesanfinx.com
Información sobre as Minas e o médico Don Teo na páxina do Concello de Lousame:
Traballos de investigación feitos sobre as Minas de San Finx na páxina da Cámara Mineira

Vídeos en youtube:






Que vos pareceu a conferencia? Sabedes máis historias sobre as minas?

sábado, 29 de enero de 2011

Á lus de San Finx



Cando tivemos que escoller un nome para o noso club de lectura, rápidamente pensamos nas minas de San Finx, que tanta importancia tiveron e teñen no noso concello de Lousame, igualmente viñeronnos á mente outras minas, literariamente moito máis famosas: as minas de Moria do Señor dos Aneis, libro ó que lle rendemos homenaxe cos nomes dos autores deste blog e xa que o wolframio ou tungsteno é necesario para fabricar os filamentos das lámparas incandescentes , imaxinámonos un percorrido literario por San Finx-Moria, sen orcos pero con moitos libros e aventuras a descubrir. "Á lus do candil" de Anxel Fole inspirounos tamén o noso nome pois era baixo a que se contaban aqueles contos de lobos, de aparecidos, historias extraordinarias herdadas de tempos de lobos, de fame, de frío, de invernos ante a lumbre da lareira, onde, se cadra o viaxeiro da noite de inverno de Italo Calvino poidera terse sentado para enxergar os seus trece relatos, con Aragorn fumando a súa pipa envolto na sombra dun recuncho da cociña cos pes enriba dun tallo.
Nesta ocasión escollemos mergullarnos nos "Contos" de Fole, "Á lus do candil" e enfrontarnos "Os lobos". Boas lecturas!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...