Mostrando entradas con la etiqueta Paz Andrade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz Andrade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de junio de 2012

Despedindo o segundo ano de lecturas de "A lus de San Finx"





Todo o bo remata amigos... que diría o noso Xabarín... e aquí tedes imaxes da nosa festa de Clausura deste ano. Primeiramente disfrutamos de Serafín Marcos que nos fixo rir co seu espectáculo "Coñeces a Valentín?" - a maneira perfecta para lembrar para sempre a biografía de Valentín Paz Andrade-;  para despois rematar cunha merendola e o reparto de libros do grupo de lectura de adultos para o verán ("O rei transaparente" de Rosa Montero)
Certamente este foi un ano ben bonito no noso club... !
Ata o curso que ven e boas lecturas a tod@s!!

lunes, 7 de mayo de 2012

No mes das letras galegas...


No mes das letras galegas o club de lectura de adultos estamos a ler e comentar uns fragmentos da Antoloxía de Valentín Paz Andrade, publicada en Galaxia por Xan Carballo e o poemario de Carlos Negro, Far-west publicado por Xerais na colección Ablativo Absoluto. Podedes ler os nosos comentarios sobre ambas obras ou deixar os vosos... estamos esperando as vosas opinións!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...